domingo, 30 de diciembre de 2012

POEMA DE NADAL



No festival de Nadal do colexio, os nenos de cinco anos interpretamos este fantástico poema de Menchu Cuesta Pérez. Fixémolo moi ben porque somos uns artistas fenomenais. 


DECEMBRO 

 Unha mañá moi cediño 
Baltasar espertou 
coa nariz colorada 
e un gran ataque de tos 

 Chamou o seu amigo Melchor 
e díxolle con rouca voz: 

 este ano non poderei 
repartir eu os xoguetes 
teño picor de garganta 
¡e ata me doen os dentes! 

 Melchor estaba na cama
 coa súa espalda dorida
 e un ataque de reuma 
que lle encolleu as rodillas

 Soio nos queda Gaspar
 ¡que traballo que terá!
 cando cargue os camellos
 un patatús lle dará 

 Pero o bo de Gaspar
 pillou o xarampón
 e dóelle todo o corpo
 dende a orella ata o talón 

 Papá Noel enterouse
 deste grave problemón 
e mándalles uns xaropes 
para aliviarlles a tos,
 pomadas para os granos 
e ungüentos para a dor 

 Os nenos de todo o mundo
 desexámoslle o mellor
 e este ano soio pedimos
 un cesto cheo de amor

No hay comentarios:

Publicar un comentario