DIA DA NAI
DOMINGO 3 DE MAIO
No noso país celebramos o día da nai o primeiro domingo de maio. É unha celebración moi antigua. Os seus orixes atopámolos no Antiguo Exipto, na Antigua Grecia e no Imperio Romano. En España dende o ano 1644, recordábase as nais o día 8 de decembro, coincidindo co día da Inmaculada Concepción, unha festa na que se lembraba a María a nai de Xesús e a todas as nais. Dende o ano 1965 decidiuse separar as dúas datas; quedando o primeiro domingo de maio para agasallar ás nosas nais.
O video vai adicado a TODAS AS NAIS DO MUNDO
SE QUEREDES, PODEDES FACERLLE UNHA TARXETA EN FORMA DE CORAZÓN E ESCRIBIR NELA O MOITO QUE QUEREDES ÁS VOSAS MAMÁS
Podedes mandarme ao meu correo fotos das vosas tarxetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario